Terapia individual
A terapia individual é un espazo para ti. Un lugar tranquilo y confidencial onde poder falar con calma do que che está acontecendo, sen xuízos e a o teu propio ritmo.
A veces chegamos a terapia porque algo nos doe, nos preocupa ou nos desborda. Outras veces simplemente sentimos que non estamos ben, aínda que non sepamos moi ben o por que. Nas sesións traballamos xuntxs para entender o que ocorre, poñerlle palabras e atopar novas formas de afrontalo.
Acompáñoche en procesos relacionados coa ansiedade, estrés, autoestima, trastornos da conduta alimentaria, tristeza, dificultades nas relacións, momentos de cambio, duelo ou calquer situación que che esté xerando malestar neste momento da túa vida.
A miña forma de traballar baséase na cercanía, a escoita e o respeto pola túa historia de vida. Non se trata de darche solucións rápidas, senón de construír un espazo no que podas coñecerte mellor, sentirte comprendidx e comezar a xerar cambios que teñan sentido para ti.
Recorda que non fai falta tocar fondo para pedir axuda e que facelo non é un signo de debilidade, senón de coidado e responsabilidade con un mesmo.
Terapia de parella
Búscase crear un espazo para deterse, escoitarse e entender o que está ocurrindo no vínculo. Un lugar onde poder falar das dificultades que vos están afectando, sen buscar culpables e dende o respecto pola historia que compartía.
As parellas adoitan chegar a terapia en momentos de conflito, distanciamento, problemas de comunicación, celos, inseguridades, crisis vitais ou tras unha deslealdade.
Cando unha relación doe, adoita aparecer a sensación de non entenderse, de sentirse lexos ou de repetir os mesmos conflitos unha e outra vez. Ás veces hai enfado, outras tristeza, agotamento ou medo a perder o que se construíu xuntos. A terapia ofrece un espazo para poder expresar todo esto con calma e sen xuízos.
O meu papel é acompañarvos para que poidades expresar o que sentides, escoitaros dunha forma diferente e comprender o que hai detrás dos conflitos para aprender novas formas de relacionarvos e recuperar a conexión emocional.
A terapia de parella non está únicamente destinada a solucionar problemas, senón tamén a coñeceros, entenderos e crecer como parella.
Terapia familiar
A terapia familiar é un espazo terapéutico deseñado para acompañar ás familias na mellora das súas relacións, a resolución de conflitos e o fortalecemento dos vínculos emocionais. Dende unha mirada integral, traballo coa familia como un sistema, entendendo que as dificultades dun dos seus membros inflúen no benestar de todos.
O obxectivo é identificar e modificar patróns de comunicación disfuncionais, promover unha escoita máis empática e favorecer formas de relación máis saudables e respectuosas.
Este tipo de terapia é especialmente útil para afrontar conflitos recurrentes, dificultades na crianza, problemas de convivencia, cambios vitais importantes (separacións, duelos ou transicións familiares), así como situacións nas que algún dos membros presenta malestar emocional, problemas de conduta, ansiedade, depresión ou outras dificultades psicolóxicas.
A través do traballo conxunto, a familia aprende a comprenderse mellor, a establecer límites claros e a construir solucións compartidas. O meu acompañamento céntrase en fortalecer os recursos da familia, fomentando relacións máis equilibradas, conscientes e sostibles, co fin de mellorar a calidade de vida e o benestar de cada un dos seus membros.
Para coidar á familia comeza por atender o que non está funcionando.