sobre min
O meu camiño na psicoloxía comezou coa formación no Grado en Psicoloxía, que máis tarde continuou co Máster en Psicoloxía Xeneral Sanitaria. Ao longo desta andadura fun profundizando en distintas áreas que me permitiron comprender mellor o malestar emocional e a diversidade de experiencias humanas.
Durante este percorrido formeime de maneira específica en Trastornos da Conduta Alimentaria, así como en Apego e Trauma, entendendo como a historia persoal, os vínculos e as vivencias temperanas inflúen na forma na que nos relacionamos con nós mesmos e cos demais.
O meu enfoque é integrador, o que me permite adaptar a intervención a cada persoa e ao seu momento vital. Concibo a terapia como un proceso compartido, un espazo seguro e respectuoso dende o que acompañar a cada persoa no seu propio proceso de cambio, crecemento e coidado emocional.
¿en que podo axudarte?
Trastorno alimentario
Ansiedade
xestión emocional
Problemas de autoestima
dependencia emocional
Trauma e apego
estrés laboral
problemas de parella
Depresión
Como sei se necesito axuda?
Teño dudas acerca de comezar un proceso terapéutico