Anónimo:
Cando me decidín a comezar sesións con Raquel tiña unha autoestima moi baixa. Falábame mal constantemente e sentía que nunca era suficiente fixera o que fixera. Nas sesións con ela comecei a darme conta do dura que era comigo mesma e de onde viña esa esixencia e pouco a pouco fun aprendendo a mirarme con máis respecto e a tratarme mellor. Non foi un cambio fácil, pero si moi profundo.