Anónimo:

Durante moito tempo sentía que a miña opinión non importaba e que tiña que adaptarme sempre aos demais, custábame moito dicir que non e priorizarme. Sentía culpa por todo. Raquel, en terapia fun recuperando pouco a pouco a miña voz e o meu espazo. Axudáchesme a conectar co que eu sentía e necesitaba, sen culpa. E tamén a darme permiso para non poder con todo. Foi un proceso complicado pero tremendamente liberador. Grazas e grazas!!!